Últimas noticias

Galiza ten a industria necesaria para independizarse?



Neste breve artículo pretenderei desmentir o tópico argumento cada vez máis estendido de que Galiza non pode independizarse dado que non ten industria.






Seguramente, ao longo das vosas vidas escoitástedes en múltiples ocasións o típico argumento de que a nosa nación non poderá ser xamais independiente xa que non temos a industria necesaria como para poder autoabastecernos. 

Este argumento é válido? Seguramente a resposta da maioría da poboación sería que sí, pero si nos detemos un pouco a analizar a situación actual da industria na Galiza comprobaremos que é falso.


- Actualmente, Galiza posee unha posición xeográfica óptima para o desenvolvemento das enerxías renovables, o cal permítenos explotalas notablemente e nos sitúa no posto dos maiores produtores de enerxía renovable de toda España. E por si isto fose pouco, no campo europeo ocupamos a cuarta posición no ranking de produción de enerxía eólica; así como o sexto no mundial.

- Tamén ocupamos o primeiro posto de España na produción de madeira, pois aquí temos unha produtividade sete veces maior a de España. Así como producimos o 40% do granito do Estado español e a metade da lousa mundial.

- A biotécnica galega destaca no campo español, xa que invertimos en esta un terzo do presuposto dedicado á sanidade e á saúde.

- Hoxe en día (grazas ao desenvolvemento das autopistas de mar) somos un punto estratéxico como paso das seguintes liñas transoceánicas: Europa - Asia, Europa - África e Europa - América.

A continuación déixovos un mapa onde podedes observar o gran contacto que hai coa nosa terra nestas liñas.



- A automoción supón na Galiza uns 6.800 millóns de euros de facturación e unha creación de 19.700 empleos directos.

E para non quedarnos cortos de argumentos, a continuación enumerarei (desde o meu punto de vista) as dúas infraestructuras máis destacables do noso territorio:

- Actualmente, contamos aproximadamente cuns 127 portos esparcidos polas nosas costas, e entre estos, podemos destacar os portos de A Coruña, Vigo (este é o primeiro porto pesqueiro de Europa) e Ferrol; pois están situados nas principais rutas de transporte marítimo internacional entre Europa, América e Asia. O cal nos sitúa nunha posición que nos permite unha especialización en carga e descarga de produtos pesqueiros, mercancía xeral, etc. 
Sumado a isto contamos con liñas de actividade crucerística e somos os primeiros en descargas de peixe de toda España.

- Estamos dotados cunha serie de máis de cen polígonos industriais, comerciais e de servizos.


Agora, unha vez demostrado que  temos industria, non parece moi razoable dicir que non temos a necesaria para independizarnos. Entón... cal é a orixe destos argumentos? A resposta para esta pregunta e máis fácil do que parece, pois, como xa nos ten acostumbrados o imperialismo, explotar terras alleas para o seu propio beneficio parece ser unha das súas actividades favoritas. E na Galiza, a cousa non iba a ser distinta, pois prácticamente toda a industria galega está explotada desde Madrid, e isto prívanos duns beneficios que coa independencia podríamos recuperar.

Por exemplo, supoño que casi todos coñeceredes o famoso marisco das Rías Baixas... Sabíades que ás mellores pezas van destinadas á venta en Madrid e que a nos só nos quedan as "sobras"? Nós explotamos o noso mar, e nós temos dereito a disfrutar dos productos que este nos ofrece.

Antes de rematar este artículo gustaríame facer unha pequena reflexión. Poñamos por caso que estos argumentos utilizados pola maior parte da poboación están no certo, poñamos por caso que Galiza non ten industria. Acaso a tiña Cuba antes da chegada do socialismo? e Rusia? 

A historia demostrounos e seguirá demostrándonos ao longo dos anos que un pobo con esforzo e suor pode saír adiante. Por que Galiza (si se atopara nesta situación) non podería saír adiante e crear industria?


E para concluír, déixovos unhas citas extraídas do libro "Sempre en Galiza" do noso gran mentor Castelao, as cales analizan un pouco a situación económica da Galiza. (1937)

- "España, en xeral, é un país de latifundios; Galiza é de minifundios. A solución do problema da terra en Hespaña está no colectivismo; en Galiza está no cooperativismo."

- "O minifundismo da nosa terra responde ao cultivo intensivo que impón a topografía do chan. Gracias a este sistema, frenado polo noso dereito consuetudinario, a agricultura galega foi o asombro de moitos viaxeiros europeos; (...)"

- "O lexislador liberal da Hespanha  unitaria somentes se preocupou dos problemas pavorosos do latifundiso castelán, andaluz i estremeño, e coidando que o minifundismo galego era unha garantía de orde e benestar, promulgou leis que favorecen a división da propiedade, abolindo, de paso, o noso dereito particular."

- "Antramentras, a terra galega está dividida e subdividida, i en cada eido unha casa chea de xente. Os labregos nin son obreiros nin patróns. Chámanlle propietarios; pero a súa propiedade non pasa de ser unha simple ferramenta de traballo."

- "Os problemas económicos e sociaes da pesca galega adquiriron unha gravedade estrema co desenrolo da industria pesqueira —a máis importante de Hespaña— e co seu obrigado sometimento á industria conserveira —única creación capitalista de Galiza—. Os mariñeiros aínda traballan "a parte" e non cobran salario fixo. Os "armadores" son patróns que xa non xogan a vida no mar; pero que viven sometidos á veleidade egoísta dos "conserveiros". Os "conserveiros" viven do comercio esterior e sofren a incomprensión dos "gobernantes de secano". (...) Temos, pois, dereito a creer que unha política estatal asentada no centro da Península non pode solucionar os problemas mariñeiros."


Si che gustou este artículo e cres que sería de interese engadir algún dato máis que poda ser relevante podes deixalo nos comentarios. Este comentario será revisado e quizais, posteriormente, engadido.




4 comentarios :

  1. Boas!
    Quizais sería interesante saber que Galiza tamén produce o 40% do granito do Estado español e a metade da lousa mundial.
    E concretar que o porto de Vigo é o prmeiro porto pesqueiro de Europa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas pola info! Xa está actualizada a entrada.
      Saúdos :)

      Eliminar
  2. Um artigo de verdade mui interesante e gostei muito. Umha pedra pra dar na boca a quenes pretendem usar esses argumentos contra a indepêndencia da nosa Galiza.

    ResponderEliminar

LOR Designed by Templateism.com Copyright © 2014

Con la tecnología de Blogger.