Últimas noticias

Un erro na educación.


Como todas e todos sabemos, dende fai un tempo Galiza está sufrindo unha españolización terrible que hai que combatir. No seguinte artigo tratarase un gran erro cometido na educación de moitísimas galegas e galegos que é necesario combatir.

Desgraciadamente, día a día estamos expostas/os a presenciar unha normalización do castelán cada vez maior realizada tanto por parte do Estado español coma do goberno do PP dentro da propia Galiza. Esta españolización fai que o uso do galego quede reducido -por non variar- a loitar pola súa supervivencia dentro das funcións de identidade e familiar. Máis dentro destes campos, o uso do castelán cada vez é máis notable, incluso por parte de proxenitoras/es galegofalantes. Obviamente hai que combatir contra esta supresión do idioma, máis deixando de lado unha loita a gran escala, centrémonos nun aspecto prácticamente imperceptible que dana o progreso do noso idioma.

Seguramente coñezas a algunha persoa -ou mesmamente ti- que fose educada lingüísticamente coa seguinte filosofía: "Si che falan en galego, responde en galego; si che falan en castelán, responde en castelán. Iso é de boa educación." 
Aparentemente esta forma de educar a unha filla ou a un fillo -ante os ollos da xente que cre o que bilingüismo é bo- parece correcta e de boas formas. Máis non deixa de ser unha anomalía dentro da nosa cultura e identidade.

Pero... por que é isto dañino? Fácil, pois esta irregularidade non deixa de ser un proceso de asimilación máis. Día a día o uso do galego nas funcións laborais, locais, institucionais e culturais é menor, pois este vai sendo substituído deleznablemente polo castelán. Si educamos ás novas xeracións da forma mencionada con anterioridade estas rematarán por usar o castelán en prácticamente todos os contextos das súas vidas e a súa destreza no noso idioma verase progresivamente reducida ata optar polo uso do castelán como lingua primordial.

Máis aínda non adoptando esta forma de educación e falando ás mozas e os mozos das cales dependerá o futuro do noso idioma en galego hai unha alta probabilidade de que se decanten polo uso do castelán. Polo que hai que concenciar ás mais pequenas/os de que adopten o castelán como lingua estranxeira e usen o galego como idioma normativo. 

Non podemos respetar o uso dun idioma que pretende ser utilizado como arma para aniquilar o noso! 


No hay comentarios :

Publicar un comentario

LOR Designed by Templateism.com Copyright © 2014

Con la tecnología de Blogger.