Últimas noticias

Manifestación contra as touradas en Pontevedra.



O póximo nove de agosto o colectivo Fóra Touradas de Pontevedra convocou unha manifestación ás 20:00h que partirá dende a praza da Peregrina.

O pasado dous de agosto o colectivo Fóra Touradas de Pontevedra convocou unha cadea humana que rodeou a praza de touros de Pontevedra -a cal e a única permanente que queda na Galiza- para pedir a abolción desta cruel actividade. E, a pesar das condicións metereolóxias, unhas 200 persoas chegaron a participar nesta cadea provocando así o éxito desta.

E tras o éxito desta convocatoria, agora o obxetivo está bastante claro. E este non é nada máis nin nada menos que lograr un maior éxito na manifestación convocado para o próximo sábado nove de agosto. Esta manifestación conta con 69 apoios dos cales podemos destacar a organización xuvenil Isca! así como Galiza NovaLiga Estudantil GalegaBNGCNT entre outros.

Ás e os representantes do colectivo Fóra Touradas de Pontevedra tamén presentaron o pasado mes de xullo un escrito na Deputación de Pontevedra no cal solicitaron ao presidente da institución provincial que informe sobre o financiamento público ás touradas para que esta dea conta das axudas ou subvencións que concede para as touradas. Máis por se isto non fose suficiente, o colectivo tamén solicitou o pasado dous de xullo que Pontevedra se declarase como cidade antitaurina.
Por outro lado, tamén podríamos destacar a escasa presenza de xente nestas touradas para así demostrar que as touradas rematarán por desaparecer.


Asistide a manifestación e facede eco desta mesma. Temos que rematar con esta tradición degradante e españoñista!

No hay comentarios :

Publicar un comentario

LOR Designed by Templateism.com Copyright © 2014

Con la tecnología de Blogger.