Despóis de varios anos sen que a cidade de Pontevedra tivese víctimas mortais a causa da violencia machista no que levamos xa se cobraron ás vidas de catro mulleres.
Mónica Lorenzo Barro, este é o nome da última muller asasinada a mans do seu marido Manuel Sanmartín en Marín, Pontevedra. Esta é a sexta víctima no que levamos de ano na Galiza e a cuarta en Pontevedra.
Tras esta ola de asasinatos convocáronse unhas concentracións nos seguintes puntos da Galiza:
Martes 26:
- Vigo: 20h no marco.
- Ourense: 20h na Subdelegación do Goberno.
- Ferrol: 20h no Concello.
- Lugo: 20:30h no Concello.
Mércores 27:
- A Coruña: 20h no Obilesco.
- Compostela: 20:30h na Porta do Camiño.
No hay comentarios :
Publicar un comentario